01mecoset06 .pdf



Nombre del archivo original: 01mecoset06.pdf
Título: paxina02
Autor: Administrador

Este documento en formato PDF 1.4 fue generado por PDFCreator Version 0.9.3 / GPL Ghostscript 8.54, y fue enviado en caja-pdf.es el 05/01/2014 a las 19:52, desde la dirección IP 95.18.x.x. La página de descarga de documentos ha sido vista 2826 veces.
Tamaño del archivo: 4.4 MB (12 páginas).
Privacidad: archivo público



Vista previa del documento


Club Baloncesto

O Meco

www.geocities.com/basketmeco

Revista oficial do Club Baloncesto O Meco - O Grove

:
C O N T ID O
* Sauda
* O C lu b
et
* M in ib a s k
sket
c ia M in ib a
* C o n v iv e n i. e M a s c .
em
* In fa n ti l F
sc.
e m i. e M a
* C a d e te F
c.
s
e m i. e M a
* J u n io r F
a s c u li n o
* S e n io r M
nxo
m e n to a A
e
c
e
ñ
o
c
e
* R
re m io s /. ..
* T ít u lo s /P
empos
* O u tr o s T

[email protected]

Nº 1 - SETEMBRO’06

COMEZA A TEMPORADA 06/07

Adestramentos, partidos, victorias, derrotas, ligas, copas, finais, títulos, risas,
choros... pero sobre todo... amizade, compañeirismo, diversión, ilusión, superación e baloncesto, baloncesto, baloncesto. VOLVE O BASKET. Tras dous
meses de vacacións, comezan os adestramentos, os encontros de liga e a
emoción. Volver a gozar dos rapaces e rapazas que cada ano nos dan tantas
alegrías, tantas ilusións e tantas ganas de volver ao curro.
Esta temporada esperamos repetir canto menos os éxitos acadados na
pasada; campionato de liga sénior, e ascenso a primeira zonal, titulos de copa
zonal júnior masculino e feminino, sub-campionatos de liga cadete masculino
e copa sénior, os grandes pasos dado polo cadete feminino, infantil masculino
e feminino... pero o mais importante e con elo o que mais ilusión nos xenera é
ver a gran cantidade de cativos/as que se adestran con ganas de aprender,
xogar e divertirse. Ano tras ano tentamos que todos estes rapaces e rapazas
aprendan o significado da deportividade a amizade e a saúde dentro dun
mundo deportivo que cada vez vai collendo mais auxe; O BALONCESTO.
Esperamos que este ano o pavillón dos deportes se encha para animar a
todos os que compoñemos esta gran familia.

Setembro ‘06
Páxina 2
P r e s id e n te
Sauda do

Club Baloncesto O Meco
Tempada 06-07

Co numero 1 desta revista ponse en marcha un proxecto que nos
fai moita ilusión e que xa levabamos tempo intentando levar a cabo.

Cando falo do Club Baloncesto O Meco, falo de un amplo grupo de
persoas, porque o club formámolo xogadores, adestradores, directivos, pais, nais,
socios, colaboradores e afeccionados ó baloncesto.

Por iso, dende a directiva, pensamos que esto ha de ter un reflexo, que sería
importante dar a coñecer este traballo, traballo de todos.
O mesmo tempo que dispor dun espacio no que todos nos sintámos identificados,
no que poidamos atopar as novas do club, coñecer a súa historia, ler crónicas dos
partidos, segui-la traxectoria dos equipos e dos xogadores, publicar o traballo cos
mais pequenos e os triunfos de todos.

Queremos que sexa un amplo espacio de información, promoción, un amplo escaparate do club co
que todos poidamos sentirnos identificados e que anime en cada un o sentimento de formar parte do
grande proxecto de convivencia que é o Club Baloncesto O Meco.
Agradecerlles ao patrocinador, aos socios protectores e colaboradores, ademais da concellería de
deportes do concello de O Grove, xa que sen o apoio de todos eles sería moi difícil levar a cabo esta
revista.
GRACIÑAS A TODOS

O presidente:Juan Campos

O Club Baloncesto O meco nace alá polo ano 1999, é polo tanto un club moi novo.
Sen embargo, xa é coñecido en toda Galicia pola súa participación nas ligas galegas
cos diferentes equipos da base.
O meco naceu coa intención de crear unha base
sólida de baloncesto en O Grove. Foron moitos os
rapaces e rapazas que se sumaron a este novo proxecto, superando incluso, ás expectativas marcadas. Hoxe contamos con equipos en todas as categorías, tanto masculinas como femininas.
Unha gran cantidade de cativos acércanse o club
para practicar este apaixonante deporte.
Capacitado xuridicamente polos seus estatutos
para o fomento do deporte, temos como actividade
especifica o desenrolo do Baloncesto.
En Efecto, o noso horizonte como club deportivo
está no fomento, encauzamento e desenrolo do
deporte, proporcionando o coñecemento, a forma- Esta e a cuna do CB O Meco, aquí naceu esta gran familia.
ción e a participación entre os/as xoves, contando cunha estructura consolidada e a filosofía de fomentar o baloncesto a partir da súa base.
A Escola de Basket nace de forma oficial na tempada 2000-01 co único fin de fomentar o deporte de
base e ofrecer unha alternativa educativa válida a través do baloncesto, no noso concello.

O C lu b

Contamos con varios adestradores formados no club, ademais do apoio e axuda de xogadores das categorías superiores, que ano a ano mostran os seus coñecementos e o seu cariño os mais cativos.
Creemos sinceramente que é importante manter estas directrices e seguir subindo escalos no longo
camiño da educación a través do deporte. Hai que facelo porque nos ilusiona a todos os que estamos
aquí. Non nos move ningún outro tipo de interese que non sexa proporcionar o mellor para os nosos
nenos e nenas, queréndoos no marco deste maravilloso medio: O Baloncesto.

Club Baloncesto O Meco
Tempada 06-07

Setembro ‘06
Páxina 3

Un futuro prometedor. Unha
gran Canteira.

ET
M IN IB A S K
XOGADORES/AS

PRE-BENXAMINS:
Alex Cornes Naish
Mateo Bello Abalo
Manuel Garrido Cornes
Hakim En-Nabbar Villanueva
Gabriel Otero Caneda
Martín Castro Parada
Celia Forte Prieto
Ariadna Méndez Martínez
Catarina Castro
Efren Barreiro Basallo
Matias - Sergio - Santiago
BENXAMINS:

Mar Germade Fuentes
María Álvarz Rodríguez
Carolina Abal Carea
Aida Iglesias Gondar
Tarek En-Nabbar Villanueva
Sara Barreiro Prieto
Samuel García Míguez
Alberto Padín Devesa
Rodrigo Garrido Cornes
Xavier Alfonso Lores
David Cacabelos Rodríguez
Samuel Mougan Fandiño
Joaquin Triñanes Alvarez
Daniel Cornes Naish
Manuel Bello Castro
Antia Iglesias Muñiz
Sheila Pérez Maquieira
Emma Glez. Magdalena
Lara Castro Díaz
Laura Rey Padín
Karem Punin Prol
Sara Cacabelos Otero
ALEVÍNS:
David Iglesias Señorans
Carolina Vidal Fariña
María Florencia Saldivia
Antia Riveiro Moraña
Rosina Antunez Blundi
Florencia Petrucceli Silva
Laura García Naveiro
Laura Villanueva Sánchez
Lia Mourelos Galiñanes
Alba Casas Ramos
Natalia García Naveiro
Laura Otero Domínguez
Adrian Cambados Otero
Daniel Garrido Peña
Martín Domínguez Meis
Aixa Costas Prol
Sara Alfonso Lores
Patricia Gómez Caneda
Álvaro Fontoira Otero

Nunha categoría onde o menos importante son os resultados, as victorias ou as derrotas,
senón a formación humana, o respecto e a convivencia; pódese dicir que o balance final é
o soñado para calquera club de deporte de base.
O pavillón do Monte da Vila foi testemuña, un día si e
outro tamén, dos primeiros pasos destes nenos e
nenas, de idades entre 5 e 12 anos, no mundo do minibasket.
A actividade desenrolada no pavillón Municipal e no
Colexio Rosalía de Castro, autentica cuna do CB O
Meco, foi seguida por preto de 60 rapaces. Un equipo
da escola participou na Liga organizada pola Delegación Arousán de Baloncesto, e nel xogaron moitos dos rapaces do club. Os demais rapaces participaron en partidos amigables e nas
diferentes convivencias organizadas polo club.
A proba de que a derradeira tempada foi de moito
agrado é o feito de que a maioría dos nenos xa están
adestrando de novo e outros estanse incorporando
día a día.
Unha das notas mais destacadas da Escola de
Basket, é o apartado dos adestradores. Uns 15 chavales e chavalas, todos eles/as dos diferentes equipos do Meco, están dedicando o seu tempo libre ensinando aos mais pequenos a botar, pasar, tirar, etc.
ensinándolles unha forma de vida san.
Gracias a todos eles.
DIRECTOR DEPORTIVO:
Anxo Cornes

MONITORES:

Carmen Mª Campos
Miguel Iglesias
Dani Prol
Mario Iglesias
Antonio Padín
Nacho Rey
Ángela Bravo
Éric Domínguez

Lara Martínez
Lucas Caneda
Victor Bravo
Pablo Martínez
Bruno Padín
Andrea Campos
Sara Túñez

Setembro ‘06
Páxina 4

Club Baloncesto O Meco
Tempada 06-07

t
M in ib a s k e
ia
c
n
e
iv
v
Con

CONVIVENCIA CO DEPORTE.

Divertirse sen competir, xogar ao baloncesto e disfrutar, de
paso, da compañía dun centenar de nenos e nenas chegados de
Pontecesures, Pontevedra e Vilagarcía.

O 17 de Xuño, o Club Baloncesto O Meco organizou unha xornada de convivencia co deporte.
A esta acudiron 120 rapaces. A metade eran de
O Grove, pero moitos outros chegaron de outros
clubs, como o Río Ulla (Pontecesures), o
Cortegada (Vilagarcía) e o Estudiantes
(Pontevedra), todos eles con ganas de divertirse e xogar, propias da súas idades.

Os encontros celebráronse no pavillón dos deportes durante todo o día. O espacio dividiuse en catro campos
de xogo nos que competiron en tres categorías: prebenxamín, benxamín e alevín.
Para moitos de estes rapaces, para os mais
pequenos, este foi o seu primeiro encontro en
competición, xa que non hai liga prebenxamín.

Por iso o mais importante foi a interrelación
entre nenos de diferentes procedencias, o axudarlle a coñecerse e facer vida social, mais que a
competición en si mesma, na que, aínda que se
anotaron puntuacións, non equipos gañadores nin
perdedores.

O evento comezou co reparto de camisetas, as
10 da mañá, por parte da Concellería de
Xuventude, que patrocinou o evento. Despois os rapaces xogaron ata a unha do mediodía, cando
pararon para dar un paseo no turitrén. A comida foi o aires libre e no pavillón, trala cal se realizaron diferentes
xogos e actividades antes do comezo, de novo dos encontros, ás catro da tarde.

Os rapaces remataron a xornada con un
paseo en barco pola Ría, na que moitos pais
e nais os acompañaron.
A satisfacción mostrada aos membros da
organización durante todo o día por parte
dos participantes, anímanos e comprométenos a volver a repetir a experiencia. Todos
os equipos invitados solicitaron praza para
a vindeira convivencia, que sen dubida se
fará.

FOTO OFICIAL

Dende o Club queremos agradecer a Concellería de Xuventude o patrocinio do evento, así como ao Concello de
O Grove, a Distribuciones Hermanos Fontán e a Actiba Ogrobe a súa colaboración. Sen apoio este tipo de actividades sería moi difícil organizalas.

Gran parte do texto pertence a O GROVE QUINCE, nº100 - FARO DE VIGO

PROGRAMA:
10:00-13:00 .- Partidos baloncesto 3 categorías (Alevíns, Benxamíns, Prebenxamíns)
13:20-14:00 .- Saida para a estación de autobuses para o paseo en Turitrén.
14:30-16:00 .- Descanso para Comer. Ao remate, xogos variados no pavillón.
iogur
16:00-19:00 .- Continuarán os partidos de baloncesto divididos nas 3 categorías
19:00-19:15 .- Foto Oficial do evento con todos os participantes.
19:15-19:45 .- Descanso para Merendar. Ao remate, saida para a zona portuaria.
19:30.- Viaxe pola Ría para todos os rapaces/as, monitores/as e familiares.

CADA PARTICIPANTE TEN:
COMIDA: Bocadillo, botellín de auga e 2 iogures
MERENDA: Bocadillo/sandwich nocilla, auga e
CAMISETA CONMEMORATIVA
PIN DO CB O MECO

ORGANIZA: CB O MECO PATROCINA: XUVENTUDE O GROVE COLABORA: CONCELLO DE O GROVE - DISTRIB. HNOS. FONTAN - ACTIVA OGROBE

Club Baloncesto O Meco
Tempada 06-07
F E M IN IN O
IN FA N T IL

Xogar sen medo aos resultados.

Setembro ‘06
Páxina 5

Calquera que vexa a clasificación final do infantil feminino do Meco, pensará que foi un
Adestadores:
autentico fracaso. Nada mais lonxe
Anxo Cornes Campos
da realidade. Non polo menos para
Jon Ander Serén
o seu adestrador.
Xogadores:
A inicios da tempada, o número de
Marusela Falcón Pérez
xogadoras
era mais ben escasa,
Yolanda Oubiña Caneda
algo que fixo pensar ao club na
Victoria A. Antunez Blundi
opción de non participar en compeJosselin Gabriela Flores
Romero
tición.
Vanessa Iglesias Piñeiro
As rapazas, case todas novas no
Celia Míguez Piñeiro
baloncesto,
traballaron duro durante o ano, e coa axuda de algunhas xogadoras
Tatiana Mina Maldonado
alevíns
sacouse
adiante o campionato de liga e tamen o de copa. A verdade é que
Aida Molinos García
non se acadou ningunha victoria, pero a progresión foi moi boa.
Erica Bea Soutullo
Isabel Fernández Gómez
Para o seu adestrador, Anxo Cornes, a victoria mais importante foi rematar a
tempada con 18 xogadoras en categoría infantil. Iso demostra,
TEMPORADA 05/06
claramente, cal foi o ambiente que se respiraba no equipo.
LIGA ZONAL AROUSÁN; 6ª POSTO
Significa, ademais, un seguro a hora de formar novamente
10 PX - 0 PG - 10 PP - 98 PF - 534 PC - 10 Ptos.
equipo infantil, e poder aportar novas xogadoras ao equipo
COPA ZONAL AROUSÁN: 4ª POSTO
cadete feminino.
6 PX - 0 PG - 6 PP - 78 PF - 345 PC - 6 Ptos.

O
M A S C U L IN
IN FA N T IL
Adestradores:
Miguel Iglesias Rodríguez
Lucas Caneda Prol

Un ano para a formación.

Ao igual que o infantil feminino, os resultados acadados nas competicións de Liga e Copa non foron o
importante.

Xogadores:
Manuel Arnoso Cameselle
Ruben Díaz Prieto
Ignacio Rey Padín
Álvaro Barreiro Martínez
Yago Caneda Blanco
Raul Caneda prol
Eric Domínguez Menendez
Alberto García Otero
TEMPORADA 05/06

LIGA ZONAL AROUSÁN: 4º POSTO Gr.B
6 PX - 2 PG - 4 PP - 242 PF - 367 PC - 8 Ptos.

COPA ZONAL AROUSÁN: 6º POSTO
6 PX - 2 PG - 4 PP - 211 PF - 329 PC - 8 Ptos.

Miguel Iglesias “Chavo”, que
xa leva varias temporadas adestrando esta categoría, atopábase con un equipo novo. Algúns
destes rapaces víanse por primeira vez no club, outros procedían do minibasket e enfrontábanse a uns retos maiores.

O obxectivo de Chavo non era
gañar a Liga, tampouco a Copa,
o seu propósito era poder ensínalles o divertido deste deporte,
poder transmitir o que el aprendeu durante todos os anos que
leva no club. Logrou que un equipo un pouco problemático
ao principio mellorase pouco a pouco.

Este ano coa incorporación de novos xogadores da base,
tentarase estabilizar mais o equipo e preparalos para o paso
as seguintes categorías

Club Baloncesto O Meco
Tempada 06-07

Setembro ‘06
Páxina 6
E M IN IN O
CADETE F
Adestadores/as:
Carmen Mª Campos Domínguez
Anxo Cornes Campos
Xogadoras:
Andrea Campos Domínguez
Agueda Gondar Prieto
Patricia Díaz Soutullo
Nuria Basdedios Prieto
Beatriz Otero Banavides
Ana Domínguez Cao
Noemi Portela Prol
Sabela Martínez Mascato
Cristina González Álvarez
Angela Bravo Barbeito
Elena Naranjo Triñanes
Sara Túñez Aguín
Infantil:
Aida Molinos García

Gran progreso nun equipo con futuro.

Irrecoñecible. Este é o significado que a adestradora, Carmen María
lle dou a este equipo. Un grupo de rapazas que maduraron na cancha co paso
das xornadas.

Comezaron como un equipo mais,
con moitas ganas e moita ilusión pero
con pouca definición. Partido a partido
foron demostrando a súa valía e a súa
progresión para rematar a liga sendo un
gran equipo. A experiencia adquirida
por algunhas das xogadoras que alternaban encontros co equipo júnior foi esencial
neste progreso.

No campionato de copa zonal júnior-cadete lograron rematar nun excelente posto,
sendo o primeiro equipo cadete na clasificación e logrando incluso quedar por riba de
algún equipo júnior.

TEMPADA 05/06

LIGA ZONAL AROUSÁN: 3º POSTO
12 PX - 6 PG - 6 PP - 508 PF - 633 PC - 18 Ptos.

COPA ZONAL AROUSÁN JUNIOR-CADETE: 4º POSTO
1º POSTO ENTRE OS EQUIPOS CADETES

O
A S C U L IN
CADETE M

Os que seguiron este equipo dende o seu principio, afirman que
a diferencia, entre os primeiros encontros da tempada e os xogados na recta final, é sorprendente. Botarase en falta a mán da
adestradora este ano. Tentaremos e seguro que conseguiremos
cubrir a baixa e manter o nivel adquirido esta tempada.

Gran tempada sen Premio.

O equipo cadete comezou a tempada con boas perspectivas. Un
equipo con moi bos xogadores que alternaban a súa categoría coa do júnior. Dirixidos
Adestradores:
por un adestrador novo no club, pretendían
Alfonso Vidal Domínguez
deixarse ver na competición. E así o fixeron.
Manuel Bello Abalo
Xogadores:
Tras unha primeira fase sen perder partido,
Antonio José Padín González
accedemos
á Final a Catro que se celebrou
Mario Iglesias Señorans
no
Pavillón
de
O Grove. Os de Fonsi Vidal
Bruno Padín Portela
presentabanse como un dos equipos favoriDaniel Prol Cambados
Esteban Arosa Fernández
tos ao título. Na semifinal, ante o Xuven, o
Nicolas Molinos Otero
equipo gañaba confianza e demostraba que
Martín Prol Prol
estaba preparado de cara o seguinte encontro. O Liceo Vilagarcía esperábanos na final. Nun
Pablo Martínez Solís
pavillón cheo, os xogadores saíron a cancha decididos, concentrados e con ganas de non
Anxo Castro Duarte
Infantís:
defraudar. En fronte un equipo forte que se auguraba un partido intenso. Así foi. Un ritmo
Ignacio Rey Padín
rápido e imparable do Liceo dende o primeiro minuto, que superaron aos nosos fisicamenRaul Caneda Prol
te, abría vantaxes de 10 puntos que non puidemos recortar en ningún momento. Aínda así
os nosos rapaces loitaron cada balón ata o final do partido sen perder
TEMPADA 05/06
as esperanzas, pero non puido ser.
LIGA ZONAL AROUSÁN: SUB-CAMPIÓNS.
Na Copa, as expectativas eran boas, pero os dous malos encontros,
1ªRonda: 12 PX - 12 PG - 0 PP - 1019 PF - 519 PC - 28 Pts
na fase previa, afastáronnos das posibilidades de xogar a final. De
Final: Liceo Vilagarcía, 77 - CB O Meco, 55
COPA ZONAL AROUSÁN: 5º POSTO.

todos os xeitos, unha gran tempada a realizada polos nosos rapaces.

Club Baloncesto O Meco
Tempada 06-07
E M IN IN O
J U N IO R F

Setembro ‘06
Páxina 7

Un Título de Copa para unha despedida.

Este grupo de rapazas
comezaron a tempada alá polo
mes de setembro coa dubida do
Adestadores:
adestrador. A asignación de Brais
Brais Rego Díaz
Rego para este posto era toda
Jon Ander Serén
Xogadoras:
unha incógnita pola súa xuventuNoemi Caneda Meis
de e inexperiencia. Finalmente
Estefania Prol Lusquiños
cumpriu con creces e pódese dicir
Graciela Ozores Fernández
que con sobresaínte.
Carmen Mª Campos Domínguez
Sara Caneda Calero
Con estricta esixencia nos
Mireya Vidal Triñanes
adestramentos
pero con respecto
Lara Martínez Bravo
e amabilidade, as rapazas disfruRosa María Padín González
Cadetes:
taron verdadeiramente do baloncesto.
Sara Túñez Aguín
O adestrador logrou que unhas rapazas con talento individual se convertesen
Andrea Campos Domínguez
en
un gran bloque tanto en ataque como en defensa, primando o compañeirismo
Cristina González Álvarez
Ángela Bravo Barbeito
por riba das individualidades.
Co apoio dalgunhas xogadoras cadetes, logrouse por priTEMPADA 05/06
meira vez o título de Copa Zonal Arousán.
LIGA ZONAL AROUSÁN: 4ª POSTO
Un trofeo merecido e un gran final para tres xogadoras
12 PX - 6 PG - 6 PP - 594 PF - 434 PC - 18 Ptos.
(Carmen Mª , Lara e Graciela) que abandonan o club, o non
COPA ZONAL AROUSÁN: CAMPIONAS
contar con equipo sénior, despois de pasar toda a vida nel.
BBM, 26 - O MECO, 37 // O MECO, 31 - BBM, 35
Felicidades

O
A S C U L IN
M
R
IO
N
U
J

Broche de ouro coa Copa Zonal.

O equipo júnior
comezou a temporada
cun plantel escaso pero que
Adestradores:
soubo aguantar o tirón coa
Manuel Bello Abalo
axuda dos xogadores cadeDaniel Franco Pérez
tes. Estiveron a altura das
Xogadores:
Victor Bravo Barbeito
esixencias do adestrador,
Lucas Caneda Prol
Manu Bello.
Manuel Mascato Galiñanes
Carlos Manuel Fontoira Otero
Con un xogo agresivo e
Borja Cerviño Ocampo
asfixiante tanto en ataque
Samuel Vazquez Lopez
como en defensa afrontaron
Cadetes:
un campionato de liga duro
Antonio José Padín González
Mario Iglesias Señorans
no que lograron superar a priBruno Padín Portela
meira fase como terceiros de
Daniel Prol Cambados
Esteban Arosa Fernández
grupo. A partir de ai, o equipo comezou a pagar o esforzo realizado e a súa xuventude
Martín Prol Prol
e non logramos clasificarnos nun dos postos que daban acceso á Liga ou a Copa
Pablo Martínez Solís
Galicia.
TEMPADA 05/06
Chegaba o verdadeiro reto. Na Copa Zonal tiñamos o
LIGA ZONAL AROUSÁN: CUARTOS DE FINAL
compromiso de defender un título que o meco gañou nos
1ª FASE 3º:10 PX - 4 PG - 6 PP - 587 PF - 673 PC - 14 Ptos. últimos dous anos. Este torneo se nos estaba dando ver2ª FASE 3º: 3 PX - 1 PG - 2 PP - 204 PF - 166 PC - 4 Ptos
dadeiramente ben. E esta tempada non ía ser menos,
COPA ZONAL AROUSÁN: CAMPIÓN
nunha final celebrada no pavillón de O Grove, triunfamos.
CB O MECO, 79 - LICEO VILAGARCÍA, 55

Setembro ‘06
Páxina 8

Club Baloncesto O Meco
Tempada 06-07

O
A S C U L IN
S E N IO R M
Adestadores:
Manuel Bello Abalo
Daniel Franco Pérez

Preparador Físico:
Alfonso Vidal Domínguez

Delegada:
Carmen MªCampos Domínguez

Xogadores:
Daniel Franco Pérez “DANI”
Brais Rego Díaz “BRAIS”
Alfonso Vidal Domínguez “FONSI”
Jon Ander Serén Pérez “JON”
Cayetano García Naveiro “CAYE”
Alejandro Alfonso Míguez “ALE”
José Ramón Otero Diz “MON”
Diego Castro Pereira “CASTRO”
Marcial Domínguez Pérez “MARCHI”
Miguel Igleias Rodríguez “CHAVO”
Álvaro Torres Domínguez “PALER”
Andres Mouriño Costas “ANDRES”
Juniors:
Lucas Caneda Prol “LUKAS”
Victo Bravo Barbeito “VICTOR”
Carlos M. Fontoira Otero “CARLOS”

Dat.Nac.
06/10/82
09/12/83
06/04/79
01/08/87
16/07/86
21/03/87
12/08/81
30/10/80
25/03/87
29/09/87
21/08/86
13/09/81
06/06/89
27/01/89
07/10/88

O espello da canteira.

O terceiro ano do equipo sénior, primeiro no que chegaban xogadores de
categorías inferiores, ademais de algunhas incorporacións como as de
Brais, Cayetano (xa estiveran no club antes) e Fonsi, iniciou a súa andaina no mes de agosto, co obxectivo prioritario de gozar do basket e divertirse, pero dende o respecto e o compromiso; este obxectivo foi cumprido
con creces, realizando un curso extraordinario.

O segundo obxectivo, o do plano deportivo, no cal nos propuxémos agradar ao público con baloncesto rápido e agresivo tanto en ataque como en
defensa.

No apartado defensivo, cumpriuse. Expoñendo en cada partido con
defensas individuais agresivas ao home-balón e con rotacións tentando
meter sempre aos rivais en trampas ou situacións incomodas, logrouse
completar un baixo nivel de canastras recibidas. En ataque convertémonos
no equipo mais anotador, con diferencia, da categoría, dando un recital de
velocidade e ritmo de partido.

Para referendar todo ese esforzo, acadouse o campionato zonal, e con
elo o ascenso, con un parcial de 18 partidos gañados e tan só 4 perdidos.
CLASIFICACIÓN 2ª DIVISION ZONAL: 1º POSTO
ACADADO O ASCENSO A 1ª DIVISIÓN ZONAL
CB O MECO

PX PG PP
PF
PC PTS
22 18
4 1642 1375 40

CLASIFICACIÓN COPA ZONAL: SUBCAMPIÓNS
1ª FASE GRUPO B: 1º POSTO
CB O MECO

PX
6

PG PP
6
0

PF
369

PC
259

PTS
12

FINAL A CATRO.- PAVILLÓN MONTE DA VILA
SEMIFINAL: CB O MECO, 68 - MOTO BAZR, 59
FINAL: CB O MECO, 74 - INELGA BBC, 84

O seguinte paso era a Copa Zonal onde xa nos esperaban enfrontamentos con equipos da categoría superior. Conseguimos chegar a final,
que se organizou en O Grove. Caemos derrotados ante o BBC, nun
ambiente extraordinario no pavillón. Foi un encontro vibrante, onde a
diferencia física do equipo vilagarcián se fixo notar para que perderamos
o único partido neste torneo.
A imaxe dada polo noso equipo durante toda a temporada foi extraordinaria, recordounos a un equipo de categorías base, pola súa ilusión, o
seu ritmo e a súa ambición.

Pasan os anos dende que se fundou o club e os rapaces creceron, fixéronse homes... pero na pista aínda se divirten como nenos. Nora boa.
Manu Bello - Adestrador.

Club Baloncesto O Meco
Tempada 06-07
nxo
m e n to a A
e
c
e
ñ
o
c
e
R

Unha traxectoria que
ben merece un premio.

Setembro ‘06
Páxina 9

Na ultima edición da Vilagarcía Basket Cup o noso
director deportivo, Anxo Cornes, foi galardoado co premio a traxectoria técnica.
O orgulloso galardoado tivo que aprendelo todo sobre o mundo do baloncesto dende a base. Todos e cada un dos seus logros debese, en gran parte, ao
traballo completo e global que realizou neste deporte ao longo da súa vida. Foi
xogador, adestrador, presidente de club e directivo. Non lle falta de nada no
currículo e na actualidade exerce como director deportivo. Este merecido premio recoñece a labor de moitos anos de traballo polo deporte dende os seus
inicios.
Os que o coñecen afirman que Anxo soubo destacar e primar a deportividade Momento da entrega do
Vilagarcía Basket Cup 2006.
e convivencia sobre a competividade, conseguindo un autentico sentimento de
club e identificación con el mesmo de todos os que o forman. Por todo isto, parabéns

galardón na

O Club agradece, nun acto no pavillón, a labor
desinteresada de Anxo Cornes nos ultimos anos.

Sen tempo para dixerir o galardón da Vilgarcía Basket Cup. O CB O Meco
organizou un acto de recoñecemento e agradecemento
ao noso ben querido Anxo.
Recoñecemento a un
home que dedicou parte da
súa vida a ensinar os valores
Anxo recibindo as felicitacións de Maceiras da educación, a amizade, a
convivencia, o respecto e a superación a través do deporte, a través
do baloncesto.
Sen previo aviso, enganado e con todo o club agochando a sorpresa, chegou o día. O finalizar un dos dous encontros que se disputaban ese fin de semana, todos os xogadores comezaron a descender das gradas. Ao momento, a megafonía reclama
a presencia do director deportivo na cancha. Da comezo o emotivo acto, ao que non faltaron os familiares de Anxo.
Aplausos da numerosa xente que se levantaba na grada e dos xogadores dende a cancha. En unha improvisada pantalla ao fondo proxectaba diferentes instantáneas nas que se recordaba a longa traxectoria no club.
Un emocionado anxo daba as gracias mentres era abrazado por
todos os xogadores/as do club.
En nome da directiva, dos xogadores/as e dos centos de afeccionados, MOITAS GRACIAS.
Gracias por ensinarnos e por
seguirnos ensinando todas as
marabillas deste deporte.
Xogadore/as, seguidores/as e familiares arrouparon a anxo nun emotivo recoñecemento.

Club Baloncesto O Meco
Tempada 06-07

Setembro ‘06
Páxina 10
P r e m io s

O Concello prémianos polo traballo en prol da igualdade.

Polo noso traballo no deporte do baloncesto, fomentando a igualdade entre nenos e nenas, rapaces e rapazas, homes e mulleres; así como a promoción da muller no ámbito do
deporte do baloncesto, a Concellería da Muller recoñeceu a nosa labor
galardoándonos co "PREMIO MECA 2005".
Con tan so seis anos de existencia, presentamos unha importante traxectoria na promoción da muller no deporte do baloncesto. Comezando na súa
fundación sen a penas presencia feminina, acadou nestes seis anos varios
obxectivos no referente ao deporte feminino.
Contamos con equipos femininos en tódalas
categorías do deporte base: benxamín, alevín, infantil e cadete. Tamén con equipos mixtos en categorías alevín e benxamín. A demais contamos con equipo feminino na categoría xuvenil en Competición Zonal, sendo o único club da Delegación Arousán que ten
equipos masculinos e femininos en tódalas categorías, (na categoría sénior non hai competición na Federación Arousán). Na tempada 2005-2006 por primeira vez as fichas femininas superan ás masculinas na categoría base. Contamos tamén con adestradoras femininas e unha Directiva mixta.
A entrega dos premios realizouse o 26 de novembro do 2005, como de costume, no
Hotel Louxo de A Toxa. Carmen María foi a encargada de recoller o galardón. O acto congregou unha gran cantidade
de público entre o que se atopaba numerosa representación, sobre todo feminina do club.
Este galardón únese o acadado no ano 2004, onde a Concellería de Deportes premiou a nosa labor na de base.

o fe o s
T ít u lo s -Tr

Dende a súa fundación no ano 99 o CB O Meco conta con unha boa cantidade de títulos
dentro da delegación arousán, ademais de diferentes participacións en competicións de
ambito galego como son a Liga Galega ou a Copa Galicia.
PALMARES:

- Temp. 99/00: Campión Liga Zonal alevín.
- Temp. 00/01: Sub-Campión Copa Zonal infantil feminino.
- Temp. 01/02: Campión Liga Zonal alevín.
Campión Copa Zonal infantil feminino.
Sub-Campión Liga Zonal infantil feminino.
- Temp. 02/03: Campión Copa Zonal cadete masculino.
Campión Liga Zonal cadete feminino.
Sub-Campión Liga Zonal cadete masculino.
- Temp. 03/04: Campión Liga Zonal infantil masculino.
Campión Liga Zonal Infantil feminino.
Campión Copa Zonal júnior masculino.
Campión Copa Provincial júnior masculino.
Sub-Campión Liga Zonal cadete masculino.
Sub-Campión Copa Zonal cadete masculino.
- Temp. 04/05: Campión Liga Zonal cadete masculino.
Campión Copa Zonal júnior masculino.
Sub-Campión Liga Zonal infantil masculino.
Sub-Campión Copa Galicia júnior masculino.
- Temp. 05/06: Campión Liga 2ª Zonal sénior masculino.
Campión Copa Zonal júnior masculino.
Campión Copa Zonal júnior feminino.
Sub-Campión Copa Zonal sénior masculino.
Sub-Campión Liga Zonal cadete masculino.

OUTROS TROFEOS E ÉXITOS COLLEITADOS:
-

1999:
2002:
2003:
2004:
2004:
2004:
2005:

4º Clasificado Trofeo Nadal San Narciso Villa de Marín.
3º Clasificado IV Torneo 3X3 Concello de Moraña.
Participación na Copa Galicia do cadete feminino
4º Final Liga Galega infantil masculino
4º Final Copa Galicia cadete masculino..
4º Final Copa Galicia infantil feminino
Sub-Campión I Torneo Nadal O Grove junior maculino.

Club Baloncesto O Meco
Tempada 06-07
os
O u tr o s A n

Setembro ‘06
Páxina 11

Os primeiros pasos do club. Equipos da Tempada 1999-2000

Equipo Alevín - Meco Bike Sport: Campión de Liga Zonal.

Arriba: Daniel Franco (adestrador), Anxo Cornes (Presidente),
PATRONICADOR e Marcos Mouriño (Adestrador).
Medio: Noemi Caneda, Carmen Mª Campos, Cecilia Dguez.,
Graciela Ozores, Álvaro García e Sara Caneda.
Abaixo: Martín Roviño, Xoan Mouriño, Ciro García, Lucas
Caneda e Carlos Fontoira.

Equipo Bemxamín - Meco Bike Sport.

Arriba: Marcelo Torres (adestrador), PATRONICADOR e
Anxo Cornes (Presidente).
Medio: Dani Prol, Ivan Álvarez, Angela Bravo e Anxo Castro.
Abaixo: Alex Fernández, Andrea Campos, Adrian Dguez.,
Pablo Martínez e Bruno Padín.

Equipo Xuvenil Masculino - Meco Erguete.

Equipo Infantil Masculino - Meco Casino La Toja.

Arriba: Miguel Iglesias, Brais Fernández, PATROCINADOR,
Anxo Cornes (Presidente), Álvaro Torres e Xoel Ventoso.
Abaixo: Albino Reyes, Xoan Mouriño, Jon Ander Serén, Alex
Alfonso e Samuel Fernández.

Tamen podes seguir a revista dende a páxina
web, en formato pdf, a toda cor.

www.geocities.com/basketmeco

Ademais, todas as novidades do club actualizadas.
Se queres colaborar na revista, tanto con artigos,
comentarios, fotos ou simplemente aportando ideas;
manda un e-mail a [email protected]

Arriba: Andres Mouriño, Rodrigo Otero, Alejandro Padín
(adestrador), PATROCINADOR, Anxo Cornes (Presidente),
Alejo Prieto e Marcos Mouriño.
Abaixo: Brais Rego, Yago Rego, Adrian Domínguez, Marcelo
Torres, Daniel Prieto e Diego Martínez.

Club Baloncesto O Meco
Tempada 06-07

Número 1
Setembro 2006

LOTERÍA DE NADAL DO C.B. O MECO

Xa dende o principio do verán O Meco puxo a venda os décimos de
lotería para o sorteo de Nadal, co número 30.235. Podes adquirilos ao
prezo de 20 € + 3 € de donativo, en diferentes bares e cafeterías do
concello, así como a calquera directivo do club. A partir do mes de
outubro será posible a adquisición de participacións que se encargarán de vender os rapaces do club. Este ano temos o presentimento de que vamos a repartir moitos millóns.
¡ESTE ANO TOCA !
NON PERDAS A OPORTUNIDADE DE SER MILLONARIO.

2 13 17 23 24 36 42

A PRIMI-MECO DEIXOUNOS UN MAL SABOR DE BOCA.

0€ foi a cantidade acadada pola II edición da Primi -Meco. Non tivemos sorte, e non acadamos en ningún sorteo tan
sequera 3 acertos.
O Primi-Meco naceu hai dous anos coa idea de crear unha pequena peña que ademais de apoiar o deporte meco,
mais concretamente o baloncesto e a este club, puidese repartirse algún premio xogando (7 apostas durante 6 meses
todos os xoves e sábados) a Lotería Primitiva. Ata o de agora a iniciativa tivo o apoio e a aceptación esperada, non
podemos dicir o mesmo do reparto de premios, pero este ano volveremos intentalo, ¿por que non?

io
F a it e S o c

Para facerse socio do Club Baloncesto O Meco para a Tempada 2006-2007 é tan sinxelo
como cubrir a ficha que tes aquí debaixo e entregala no pavillón, os días de adestramento a
calquera responsable do club. Gracias a vos e a vosa colaboración o club pode seguir traballando con ilusión por mellorar e crecer con este gran deporte.

Socio Numerario
Nome e Apelidos:__________________________________________________________________________
Enderezo:_______________________________________________ Nº:_____ Piso:______ C.P.:__________

Localidade:______________ Teléfono:____________ DNI.:____________ Dat.Nace.:____/____/________

Correo Electrónico:_____________________________________(opcional: para recibir información do club)
CUOTA: 20 € maiores de 18 anos. 10 € menores de 18 anos.
FORMA DE PAGO:

Contado: entregar os cartos correspondentes con este folleto debidamente cuberto.
Domiciliación Bancaria: Entregar o folleto debidamente cuberto e asinado.

Banco ou Caixa: _______________________________Titular da Conta:________________________________

ENTIDADE

OFICINA

DC

NUMERO DE CONTA

Sr. Director, rógolle que paguen os recibos presentados polo Club
Baloncesto O Meco ata Próximo Aviso

Sinatura do Titular:


01mecoset06.pdf - página 1/12
 
01mecoset06.pdf - página 2/12
01mecoset06.pdf - página 3/12
01mecoset06.pdf - página 4/12
01mecoset06.pdf - página 5/12
01mecoset06.pdf - página 6/12
 





Descargar el documento (PDF)

01mecoset06.pdf (PDF, 4.4 MB)





Documentos relacionados


Documento PDF 01mecoset06
Documento PDF 12 actividades 5 6 noviembre de 2016
Documento PDF 2017 clinic cb arganda
Documento PDF reglamento liga y autoridades
Documento PDF 6 open de costa rica espa ol
Documento PDF inscritos carrera de las aguas de istan 2016 pre cad

Palabras claves relacionadas