POR QUE O BNG VOTOU NO PLENO EN CONTRA .pdf
Nombre del archivo original: POR QUE O BNG VOTOU NO PLENO EN CONTRA.pdf
Autor: Centor
Este documento en formato PDF 1.5 fue generado por Microsoft® Office Word 2007, y fue enviado en caja-pdf.es el 20/07/2014 a las 17:59, desde la dirección IP 88.20.x.x.
La página de descarga de documentos ha sido vista 1289 veces.
Tamaño del archivo: 98 KB (1 página).
Privacidad: archivo público
Vista previa del documento
¿POR QUE O BLOQUE VOTOU NO PLENO EN CONTRA DE
USAR OS CARTOS DO REMANENTE DE TESOURERIA?
1.- No noso Concello hai nestos momentos un remanente de 900.000 €
2.- O Remanente é o diñeiro que queda a favor do Concello unha vez que se realizan os pagos, e
decir, a diferencia entre ingresos e pagos.
3.- O actual Goberno pretende utilizar ditos 900.000 € para facer obra nova.
4.- Catro días antes do Pleno no que se decidiría sobre as obras a realizar con esos cartos, María
Maneiro, Concelleira de Facenda, convócanos, xunto co PSOE, a una reunión para negociar ditas
obras. Esquecéndose, de feito voluntario, da súa excompañeira Asúnción Torres.
5.- Dos case que 900.000 € para executar novas obras, comprobamos que moitas das obras que
figuraban nese documento xa estaban executadas e pendentes de ser pagadas a cargo do
remanente, logo , qué era o qué querían negociar?
6.- Momentos antes da celebración do Pleno, o BNG presentoulles ao grupo de goberno un listado de
obras necesarias e importantes no Concello, que eles non contemplaban no documento que levaban
para a súa aprobación
7.- …. pero pola contra, en dito documento sí aparecían gastos que correspondían a outras
administracións, tales como:
- Reparación da muralla do Castro de Baroña.
(18.412,20 €)
O Castro foi declarado BIC (Ben de interés cultural), o cal quere decir que é competencia da
Xunta de Galicia. ¿Por qué vai utilizar o Concello os cartos de todos os veciños en esta obra, cando
reparar dita muralla e competencia da Xunta?
8.- Ou despilfarros como:
- Arranxo de beirarrúa en Xuño.
(3.455,22 €).
Esta beirarrúa xa existente en Xuño, foi recortada polo Concello hai dous anos,xusto por diante
do Bar Nica, para facer aparcamentos, e incumprindo a Lei, posto que a estreitaron a menos de 1,5
mts de ancho que debe ter, co cal non pode pasar nin un carriño de bebé. Ahora a Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras obrigalle ao gastar ahora outra vez.Concello a repoñela
ao seu estado orixinal. E decir, gastaronse cartos antes, e volvense a gastar ahora outra vez.
9.- Durante o Pleno, o equipo de goberno, ao non conseguir aprobar as obras que querían, tentaron
facernos responsabeis da súa incompetencia.
Lamentábel cando xa se había votado este punto, e ao non conseguir a súa aprobación (polas causas
explicadas anteriormente), tentaron de novo sacalo adiante expulsando do Pleno á nosa Portavoz
Municipal, Ánxela Franco, pensando que poderían facelo co voto de calidade do Alcalde, ¡pero eso non
llo permite a LEI!
10- O BNG quere deixar moi clara a nosa disposición a negociar, sempre e cando
sexa con total claridade e transparencia, e se teñan en conta as propostas de todos
os membros da Corporación, polo que emprazamos ao Goberno Municipal a abrir
unha negociación baseada nestes principios.
Descargar el documento (PDF)
POR QUE O BNG VOTOU NO PLENO EN CONTRA.pdf (PDF, 98 KB)
Documentos relacionados
Palabras claves relacionadas
documento
castro
pleno
antes
cando
muralla
concello
ahora
decir
remanente
utilizar
obras
negociar
cartos
goberno