proposta textos para debater Monte Xalo .pdf
Nombre del archivo original: proposta textos para debater Monte Xalo.pdf
Autor: David
Este documento en formato PDF 1.4 fue generado por Writer / OpenOffice.org 3.2, y fue enviado en caja-pdf.es el 30/04/2015 a las 16:07, desde la dirección IP 193.147.x.x.
La página de descarga de documentos ha sido vista 1829 veces.
Tamaño del archivo: 103 KB (3 páginas).
Privacidad: archivo público
Vista previa del documento
Centro de Estudos Monte Xalo
Encontro do 3 de maio de 2015
TEXTOS PARA O DEBATE: O ESTADO
TEXTOS BÁSICOS
1. - LENIN, V.; O Estado e a Revolución (1917)
[...] A nosa misión consiste en restaurar a verdadeira doutrina de MARX sobre o Estado [...]
[Segundo expón ENGELS] O Estado xorde no momento en que as contradicións de clase non poden,
obxectivamente, conciliarse [...] As terxiversacións dos ideólogos pequenoburgueses [consisten en]
“corrixir” a MARX de xeito que o Estado resulta ser o órgano de conciliación de clases. [Pero]
Segundo MARX, o Estado é un órgano de dominación de clase, un órgano de opresión dunha clase
por outra, é a creación da “orde” que legaliza e afianza esta opresión.
[...] A terxiversación kautskiana é máis sutil. “Teoricamente” non se nega nin que o Estado sexa o
órgano de dominación de clase non que as contradicións de clase sexan irreconciliábeis. Pero
pásase polo alto o seguinte: se o Estado é un produto do carácter irreconciliábel das contradicións
de clase, se é unha forza que está por encima da sociedade [...] é evidente que a liberación da
clase oprimida é imposíbel, non só sen unha revolución violenta, senón tamén sen a destrución do
aparello de poder estatal.
***
Na república democrática, prosegue ENGELS, “a riqueza exerce o seu poder indirectamente, pero
dun xeito tanto máis seguro”, e exérceo, en primeiro lugar, mediante a “corrupción directa dos
funcionarios” e, en segundo lugar, mediante a “alianza do goberno coa bolsa” [...]
A omnipotencia da “riqueza” é máis segura nas repúblicas democráticas, porque non depende da
mala envoltura política del capitalismo. A república democrática é a mellor envoltura que pode
revestir o capitalismo, [pois] cimenta o seu poder dun xeito tan seguro, tan firme, que ningunha
mudanza de persoas, nin de institucións, nin de partidos, dentro da república democrática
burguesa fai vacilar este poder.
***
ENGELS di que, ao tomar o poder do Estado, o proletariado “destrúe con elo mesmo ao Estado
como tal” [...] ENGELS fala aquí da “destrución” do Estado da burguesía pola revolución
proletaria, mentres que as palabras relativas á extinción do Estado refírense aos restos do Estado
proletario despois da revolución socialista.
A doutrina de MARX e ENGELS sobre o carácter inevitábel da revolución violenta refírese ao Estado
burgués. Este non pode substituírse polo Estado proletario mediante a “extinción”, senón só, por
regra xeral, mediante a revolución violenta.
2.- TAIBO, C.; Repensar la anarquía (2013)
O Estado non é unha institución autónoma que vive ao marxe do capital [...] carece de sentido o
designio de controlalo e dirixilo para acabar co propio capital.
[...] A experiencia soviética revelou con rotundidade que o Estado forxado ao seu abeiro non
deixou de subordinarse aos intereses dunha nova clase dominante.
[ ...] HOLLOWAY ten sinalado que a noción de que a sociedade pode mudarse a través do Estado
descansa na idea de que este último é soberano, de tal xeito que unha loita pola mudanza social
transfórmase nunha loita pola defensa da soberanía estatal [...] Así, autodeterminación e
soberanía estatal confúndense, cando a esencia do Estado é por completo antitética da perspectiva
da autodeterminación.
[...] A opción libertaria sostén que a revolución en modo ningún pode consistir en facerse co poder
coactivo do Estado: debe asentarse, antes ben, no designio de apostar pola organización social
dende a base.
TEXTOS PARA PROFUNDAR
3.- ROUSSEAU, J-J.; O Contrato Social (1762)
Di GROCIO que un pobo pode entregarse a un rei. Segundo GROCIO, un pobo é, polo tanto, un
pobo antes de se entregar a un rei. Sería oportuno examinar o acto polo cal un pobo é tal pobo.
[...] Como os homes non poden senón unir e dirixir [as forzas] existentes, non teñen xa outro medio
de se conservar que formar por agregación unha suma de forzas.
[...] “Achar un xeito de asociación que defenda e protexa de toda forza común á persoa e aos bens
de cada asociado, e en virtude da cal, ao unirse cada un a todos, non obedeza máis que a si propio
e quede tan libre como antes”. Este é o problema ao que dá solución o contrato social.
As cláusulas deste contrato áchanse tan determinadas pola natureza do acto [...] que, aínda que
quizais nunca foran enunciadas formalmente, son as mesmas en todas partes.
[...] Todas estas cláusulas redúcense a unha; a saber: a enaxenación total de cada asociado con
todos os seus dereitos a toda a comunidade.
[...] Este acto de asociación produce ao instante [...] un corpo moral e colectivo [...] Esta persoa
pública, que se forma pola unión de todas as demais [...] é ao que os seus membros chaman de
Estado.
4.- WALLERSTEIN, I.; O moderno sistema mundial (1974)
[...] O que fai o capitalismo é ofrecer unha fonte alternativa e máis lucrativa de apropiación do
excedente [...] Un imperio é un mecanismo para recadar tributos, o que na significativa imaxe de
Frederic LANE significa “pagamentos recibidos a cambio de protección, pero pagamentos que
superan o custe necesario para producir tal protección”. Nunha economía-mundo capitalista, a
enerxía política utilízase para asegurarse dereitos monopolísticos (ou algo o máis parecido
posíbel). O Estado convertese non tanto na empresa económica central como no medio de asegurar
certos termos de intercambio noutras transaccións económicas.
5.- BAKUNIN, M.; Deus e o Estado (1871)
[...] No fondo, a conquista non só é a orixe, é tamén a finalidade de todos os Estados grandes ou
pequenos, poderosos ou débiles, despóticos ou liberais, monárquicos ou aristocráticos,
democráticos e socialistas tamén, supoñendo que o idea dos socialistas alemáns, o dun gran
Estado comunista, se realice algunha vez.
Que ela fose o punto de partida de todos os Estados, antigos e modernos, non poderá ser posto en
dúbida por ninguén, posto que cada páxina da historia universal próbao suficientemente.
6.- Constitución da República de Cuba (1976)
Arttigo 1º.- Cuba é un Estado socialista de traballadores, independente e soberano, organizado con
todos e para o ben de todos, como República unitaria e democrática, para o disfrute da liberdade
política, a xustiza social, o benestar individual e o colectivo e a solidariedade humana.
OUTRXS AUTORXS
•
Para un estudo crítico sobre a xénese dos Estados modernos: TILLY, C.; Coerción, capital e
Estados europeos: 990-1990
•
Para un estudo crítico e profundo sobre varios aspectos do Estado moderno: BORDIEU, P.;
Sobre o Estado
•
Sobre o vencellamento da política coas estruturas do Estado moderno; ademais de resultar
interesante para unha crítica ao fascismo desde o marxismo-leninismo: GRAMSCI, A.; A
política e o Estado Moderno
Selección de textos e tradución: David Soto.
Descargar el documento (PDF)
proposta textos para debater Monte Xalo.pdf (PDF, 103 KB)
Documentos relacionados
Palabras claves relacionadas
todos
social
sobre
engels
republica
politica
organo
clase
xeito
democratica
estado
segundo
mediante
revolucion
poder