Diptico Campamentos 2015 .pdf


Nombre del archivo original: Diptico_Campamentos_2015.pdf
Título: Campamentos2015

Este documento en formato PDF 1.5 fue generado por Adobe Illustrator CC 2014 (Macintosh) / Adobe PDF library 11.00, y fue enviado en caja-pdf.es el 01/06/2015 a las 11:41, desde la dirección IP 81.32.x.x. La página de descarga de documentos ha sido vista 1166 veces.
Tamaño del archivo: 819 KB (2 páginas).
Privacidad: archivo público



Vista previa del documento


2015

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2015
Permiten gozar, durante 10 días, dunha estadía socializadora e
de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador,
formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de
actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao
fomento de habilidades sociais, ao contacto coa terra, ao
coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

Ese importe pódese reducir nun 50% se a persoa ten o título de
familia numerosa e nun 25 % se ten o carné xove. Estes
descontos non serán acumulables en ningún caso.

Persoas destinatarias
As que teñan recoñecida a condición de persoa con
discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 40
anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou
necesidade especial.

Adxudicación e confirmación de asistencia

Destinos, idades, datas e prezo
DESTINO
Albergue Xuvenil de Gandarío
Bergondo-A Coruña.

Residencia de Tempo libre
Panxón. Nigrán. Pontevedra.

No caso de acollerse a algunha destas dúas condicións terase que
acompañar coa solicitude o documento acreditativo (fotocopia do
título de familia numerosa ou do carné xove, segundo proceda).

IDADE

DATAS

PREZO

As solicitudes serán valoradas por unha comisión composta por
representantes da Secretaría Xeral de Política Social e terán
prioridade as persoas que:
· Non participaran neste programa en anos anteriores.

de 11 a 14 anos

do 1 ao 10 de agosto

de 15 a 18 anos

do 11 ao 20 de agosto

de 19 a 25 anos

do 11 ao 20 de agosto

de 26 a 40 anos

do 20 ao 29 de agosto

No caso de empate, a adxudicación farase por sorteo.

de 11 a 14 anos

do 1 ao 10 de xullo

de 15 a 18 anos

do 1 ao 10 de xullo

de 19 a 25 anos

do 1 ao 10 de setembro

de 26 a 40 anos

do 1 ao 10 de setembro

As persoas seleccionadas comunicarán no prazo máximo de 10
días naturais, contados desde o seguinte ao da recepción da
notificación, a aceptación ou renuncia da praza no modelo que se
lles facilita e, no caso de aceptala, acompañarán o xustificante de
pagamento do importe que se lle indicou xunto coa copia da
tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado e un informe
médico actualizado, se houbera cambios significativos no seu
estado de saúde desde que presentou a solicitude ou se precisara
algunha atención especial non reflectida anteriormente.

125€

125€

Requisitos

Modelo de solicitude e de informe médico

· Ter recoñecida unha discapacidade cunha porcentaxe igual ou
superior ao 33%

A solicitude e o informe médico formalizarase nos impresos
oficiais e terán que estar asinadas polos pais/nais ou titores
das persoas con discapacidade e polo persoal médico,
segundo corresponda.
Estes impresos están a disposición das persoas interesadas na
páxina web: http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-veran-

· Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter
cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e
non superar a máxima á súa finalización
· Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
· Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia
durante o transcurso da actividade.
· Ter unha capacidade mínima de comunicación e de
participación nas actividades que se van desenvolver.
· Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación
que solicita.

Servizos ofertados
· Aloxamento en albergue ou residencia, segundo o destino
solicitado.
· Manutención en réxime de pensión completa.
· Programa de actividades de animación sociocultural.
· Material necesario para a actividade.
· Equipo técnico de persoal especializado en animación
sociocultural, actividades de tempo libre e náuticas.
· Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

Prazo e lugares de presentación de solicitudes
Ata o 10 de xuño incluído.
As solicitudes, acompañadas da documentación requirida,
presentaranse por calquera dos medios establecidos na Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo
común e dirixiranse á:

· Residan habitualmente no domicilio familiar fronte ás que
estean acollidas en centros residenciais.
· Pola súa idade, este sexa o último ano que poden participar
nun campamento deste tipo.

Ningunha persoa se poderá incorporar á quenda concedida se
non ten cumpridas as condicións indicadas nos dous apartados
anteriores.

Custo da praza e bonificación
As persoas participantes deberán ingresar a cantidade
establecida, nos termos que se lle indiquen ao notificarlle a
concesión da praza.

Devolución de cotas
1. Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente, a
persoa interesada non puidese asistir á actividade, só terá dereito
á devolución deste, no caso de que comunique a renuncia á praza
por escrito e solicite a devolución da cantidade pagada polo
menos dez días naturais antes do inicio da actividade, ou cando,
por causas non imputables á persoa interesada, non se preste o
servizo ou a Administración anule a actividade.
2. Todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non
sexan presentadas, tal e como se reflicte no punto anterior,
serán denegadas independentemente da causa xustificativa
que se alegue na respectiva solicitude de devolución de cota.
3. Cando unha persoa abandona a estadía, calquera que sexa o
motivo, non terá dereito a ningún tipo de devolución do
importe abonado.

Información
Para información xeral pódense dirixir a:
· o número 900 333 666 do Teléfono Social de
forma gratuíta.
· Os servizos de Dependencia e Autonomía Persoal das
xefaturas territoriais situados en:
A Coruña
Rúa Concepción Arenal, nº 7-9 - 15006 A Coruña. Teléfono 881 881 528.

Comezo e remate da estadía
A incorporación á instalación na que se vai levar a cabo o
campamento será por conta da persoa interesada o día de inicio
da quenda correspondente, entre as 16.00 horas e as 19.00 horas;
fóra dese horario non se admitirá a ninguén.
Ao remate da quenda, ou no suposto de abandono da actividade
antes de que finalice, será responsabilidade dos pais/nais ou
titores/as legais a recollida e traslado da persoa participante ao
seu domicilio, así como os gastos que por tal causa se ocasionen.

Consellería de Traballo e Benestar.
Secretaría Xeral de Política Social.
Edificio administrativo San Caetano, s/n.
15781 Santiago de Compostela.

· Abandonar a actividade acompañado dos seus responsables, no
caso de non adaptarse ás condicións que se requiren para o
desenvolvemento do campamento, tanto as derivadas da
actividade en si como as da súa propia actitude, ou de darse
circunstancias que impidan o transcurso da estadía co resto dos
compoñentes do grupo.

Obrigas das persoas participantes
· Incorporarse á actividade e regresar polos medios e nos prazos
establecidos.
· Non abandonar a actividade sen a autorización por escrito da
persoa responsable.
· Respectar as normas establecidas polo persoal responsables da
actividade, as normas de réxime interior das respectivas
instalacións e, en xeral, as establecidas pola lexislación vixente
na materia.

Lugo
Rúa Serra de Ancares, nº 68 baixo - 27003. Lugo. Teléfono 982 889 132.

Ourense
Rúa Sáenz Díez, nº 33 - 32003 Ourense. Teléfono 988 386 178.

Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar - 36201 Vigo. Telf.: 986 817 217.

· Os servizos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas
territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
· Os servizos sociais comunitarios dos concellos.
· Os servizos sociais dos centros sanitarios.
· Para información sobre a xestión do programa, remisión de
documentación, valoración de solicitudes e adxudicación de
prazas ao Servizo de Prevención da Dependencia da Secretaría
Xeral de Política Social, teléfonos: 981 547 437 e 981 544 640,
981 547 391.
· Para información sobre as instalacións nas que se desenvolve
o programa pode consultar a páxina web
http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-veran ou
dirixirse directamente ás propias instalacións.


Diptico_Campamentos_2015.pdf - página 1/2



Diptico_Campamentos_2015.pdf - página 2/2




Descargar el documento (PDF)

Diptico_Campamentos_2015.pdf (PDF, 819 KB)





Documentos relacionados


Documento PDF diptico campamentos 2015
Documento PDF postostraballo
Documento PDF memoria 2014 galego
Documento PDF proposta textos para debater monte xalo
Documento PDF imos escribir unha historia pequenia en galego
Documento PDF 01mecoset06

Palabras claves relacionadas