MEMORIA 2014 (GALEGO) .pdf
Nombre del archivo original: MEMORIA 2014 (GALEGO).pdf
Autor: ADMINISTRACIÓN
Este documento en formato PDF 1.5 fue generado por Acrobat PDFMaker 10.0 para Word / Adobe PDF Library 10.0, y fue enviado en caja-pdf.es el 11/06/2015 a las 11:26, desde la dirección IP 77.27.x.x.
La página de descarga de documentos ha sido vista 1855 veces.
Tamaño del archivo: 144 KB (7 páginas).
Privacidad: archivo público
Vista previa del documento
MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014
MEMORIA DE ACTIVIDADES 2013
PROGRAMAS
INFORMACIÓN E ACOLLIDA
INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA
ATENCIÓN PSICOLÓXICA NO MEDIO RURAL
DIVULGACIÓN SOCIAL
OBRADOIROS DE MEMORIA
OBRADOIROS DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA
ESTIMULACIÓN COGNITIVA A DOMICILIO
PSICOMOTRICIDADE ACUÁTICA
PRÉSTAMO DE AXUDAS TÉCNICAS
VOLUNTARIADO
FORMACIÓN ESPECIALIZADA
OUTRAS ACTIVIDADES DESTACADAS…
AFAOR. Nuestra Señora de la Saínza Nº 19- bajo. 32005 Ourense. Telf. 988219292; E- mail: [email protected]; P.Web: www.afaor.com
Programa de Información e Acollida: Este servizo funciona ao longo de
todo o ano de xeito ininterrompido a excepción do periodo de vacacional de
verán e nadal, computándose preto de 800 horas de atención directa. Das
actuacións enmarcadas no presente proxecto facilitouse unha intervención
especializada en todas e cada unha das solicitudes rexistradas. Destas 570
demandas, o 20% precisaron de recursos externos a nosa asociación, o que
significa que somos capaces de atender de forma autónoma a 8 de cada 10
peticións de axuda. Ditas demandas centráronse en obter información xeral
da enfermidade, sobre recursos especializados para este tipo de doentes e
sobre os servizos ofrecidos dende AFAOR: apoio emocional ante o
coñecemento do diagnóstico, asesoramento na planificación de coidados
e/ou unha axeitada toma de decisións.
Programa de Intervención Psicolóxica: Como en anos anteriores, foron
varias as actividades desenvolvidas dentro deste programa, sempre ó redor da
atención especializada, próxima e directa con todos aqueles coidadores que
precisan dun apoio psicolóxico específico. Dentro destas actuacións ocupan un
lugar dominante os grupos GAM ou Grupos de Axuda Mutua. Neles, non só se
teñen abordado temáticas relacionadas co coidador e seu día a día co
enfermo, senón tamén, diferentes accións de tempo de lecer, o que nos
axudou sen dúbida algunha a xerar cohesión, complicidade e sensación de
pertenza nos participantes: entre estas actividades destacaron a realización de
distintos obradoiros coma Cociña, Ioga, Pintura, etc.
AFAOR. Nuestra Señora de la Saínza Nº 19- bajo. 32005 Ourense. Telf. 988219292; E- mail: [email protected]; P.Web: www.afaor.com
Programa de Atención Psicolóxica no Medio Rural: Centrado no
concello de Ribadavia, onde desenvolvemos unha labor de apoio e
intervención psicolóxica similar á levada a cabo na capital da provincia,
atendendo telefónicamente a todos aqueles ribadavienses que o precisaron
e pautando intervencións semanais na zona para facer visitas domiciliarias
ou entrevistas no despacho, empregando, para isto último, as instalacións
que a Cooperativa do Ribeiro cede a tal fin. Ó igual que en 2013,
desenvolvéronse Obradoiros de Estimulación Cognitiva para enfermos en
fases leves ou moderadas 1 vez por semana e facilitáronse axudas técnicas
para aqueles casos que así o precisaron; todo iso, gracias a inestimable
colaboración da empresa vitivinícola arriba indicada.
Programa de Divulgación Social: Xunto coa publicitación do programa
a través das nosas redes sociais, o que creemos foi fundamental para o éxito
deste programa, foi a coordinación con diferentes estamentos e axentes
sociais: os concellos da provincia, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial
de Ourense, os centros de saude da cidade e a Federación Galega de
Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzheimer (FAGAL). En concreto, en
Celanova, Paderne de Allariz , Carballiño, Ourense e O Barco , podendo
facilitar unha información especializada a centeas de persoas e profesionais.
AFAOR. Nuestra Señora de la Saínza Nº 19- bajo. 32005 Ourense. Telf. 988219292; E- mail: [email protected]; P.Web: www.afaor.com
Programa de Obradoiros de Memoria: Tras observar o grao de
satisfacción obtido en edicións anteriores, as zonas de actuación finalmente
seleccionadas para a realización destes obradorios foron Ourense, Toén,
Barbadás e San Ciprián das Viñas. En concreto, no concello de Ourense é
onde máis atención se prestou a esta actividade, xa que gracias os acordos
celebrados coa Concellería de Benestar Social e de Participación Cidadá, así
como aos executados na nosa propia sede, logramos facer máis dunha decea
destes obradoiros. Este programa obten cada día máis adeptos, xa que os
beneficios da actividade en si e as características da súa metodoloxía animan
á participación activa dos seus usuarios. Calculamos que máis de 270 persoas
disfrutaron destes obradoiros durante o pasado exercicio e agardamos, polo
menos, poder alcanzar unha cifra similar no 2015.
Programa de Obradoiros de Estimulación: É o servizo de AFAOR que, xunto
cos obradoiros de memoria, máis usuarios atende a diario. É preciso aclarar que
xa dende principios de ano, debido a que se traballa de xeito ininterrompido,
contamos con máis de 40 usuarios. Este ano contamos co apoio de varias
entidades privadas e públicas para o desenvolvemento dunha npva edición do
Proxecto de Arteterapia, actividade altamente valorada dentro e fora da nosa
asociacióne que todavía segue a funcionar.
AFAOR. Nuestra Señora de la Saínza Nº 19- bajo. 32005 Ourense. Telf. 988219292; E- mail: [email protected]; P.Web: www.afaor.com
Programa
de Psicoestimulación Domiciliaria:. Agora, este tipo de
actividade centrase fundamentalmente na realización de obradoiros de
estimulación, desenvolvidos pola nosa Terapeuta Ocupacional e a nosa
Psicóloga, en centros residenciais de persoas maiores. Durante o 2014
mantívose o número de beneficiarios respecto ao exercicio anterior, sendo
24 a media dos casos atendidos por semana.
Programa de Psicomotricidade Acuática: Consiste na facilitación do ós
enfermos de Alzheimer ás terapias innovadoras que dende fai 5 anos
desenvolvemos semanalmente -durante o periodo de execución do
proxecto- na Piscina do Complexo Hospitalario de Piñor. Unhas sesións de
rehabilitación e mantemento físico que permiten soster as capacidades dos
seus beneficiarios, así como incrementar os seus contactos sociais e a súa
motivación. En concreto, o número de persoas implicadas foron 40
enfermos, 3 voluntarias, 5 familiares e 6 profesionais… e agardamos, grazas a
gran acollida deste servizo chegar, poder volter a executar una nova edición
no presente exercicio.
AFAOR. Nuestra Señora de la Saínza Nº 19- bajo. 32005 Ourense. Telf. 988219292; E- mail: [email protected]; P.Web: www.afaor.com
Programa de Axudas Técnicas: Unha vez recibida a demanda, os
beneficiarios poden vela resolta nun plazo non superior a dúas semanas. A
xestión deste servizo non é complexa e dado que coa cesión deste tipo de
material a demanda queda directamente resolta, podemos concluir que este
programa é un dos que maiores e mellores resultados alcanzan en función
do presuposto dispoñible. Ademais de manter o servizo ás familias que xa
contaban anteriormente cunha ou varias axudas técnicas nos seus fogares,
ao longo deste 2014 puidéronse ceder 48 axudas técnicas a outras tantas familias,
entre camas, guindastres, sillas de rodas, asentos xiratorios de baño, etc, co que
temos resolto preto dun 60 % do total das demandas recibidas (sen contar as
solicitudes de información e asesoramento), un material que durante este ano
deixou de ser empregado por outros usuarios pero que, tras a súa correspondente
revisión técnica, verificouse a posibilidade da súa reutilización.
Programa de Voluntariado: As actividades principais nas que desenvolven as
súas funcións estas figuras son os Obradoiros de Estimulación e a Piscina, nos
que apoian diariamente os nosos terapeutas, sobre todo, a hora de levar a
cabo as propias terapias, así como nas accións de Sensibilización e Promoción
Social, axudando a difundir entre a cidadanía o coñecemento desta difícil
enfermidade e da existencia dunha asociación, a de AFAOR, que pode resultar
de moita axuda para aqueles que a padezan. Todo isto a través da
organización e participación en distintos actos: mesas informativas, eventos
solidarios, etc.
AFAOR. Nuestra Señora de la Saínza Nº 19- bajo. 32005 Ourense. Telf. 988219292; E- mail: [email protected]; P.Web: www.afaor.com
Programa de Formación e Orientación Profesional: A finais do pasado
2014 celebramos o cuarto ano consecutivo do curso “Atención Especializada a
Personas Maiores Dependentes”, superándose os resultados a cada exercicio.
Un bo indicador disto é o número de persoas interesadas en recibir este tipo
de formación: mentres que na primeira edición se rexistraron pouco mais do
límite de plazas previsto (23), na deste último ano contamos cun total de 39
inscricións (case un 100% máis das plazas ofertadas).
Dado o éxito desta formación e coñecedores da importancia de ofrecer unha
formación especializada a actuais e futuros profesionais, propoñémonos
desenvolver un novo curso, esta vez destinado a todos aqueles alumnos do
ámbito sociosanitario (traballadores sociais, psicopedagogos, educadores
sociais…) que mostren interese na atención ao colectivo afectado pola
enfermidade de Alzheimer. Deste modo, logramos deseñar e executar un
curso de 60 horas de duración, cuios resultados e valoracións obtidas polo
alumnado animáronnos para organizar unha 3ª edición no presente exercicio.
OUTRAS ACTIVIDADES SALIENTABLES NO 2014…
* Cea Benéfica Anual
* Proxecto Solidario de Barbeiros
* Celebración do Día Internacional do Alzheimer
* Concierto Solidario.
* Andaina Solidaria en Coles.
* Exposición / Subasta de cadros.
* Venda de Lotería.
AFAOR. Nuestra Señora de la Saínza Nº 19- bajo. 32005 Ourense. Telf. 988219292; E- mail: [email protected]; P.Web: www.afaor.com
Descargar el documento (PDF)
MEMORIA 2014 (GALEGO).pdf (PDF, 144 KB)
Documentos relacionados
Palabras claves relacionadas
obradoiros
nuestra
atencion
especializada
recuerda
sainza
programa
32005
senora
988219292
afaor
deste
ourense
tecnicas
actividades