Extraescolares 23 24 .pdf



Nombre del archivo original: Extraescolares 23_24.pdf
Autor: Laura Navarro Ramón

Este documento en formato PDF 1.7 fue generado por Microsoft® Word 2019, y fue enviado en caja-pdf.es el 09/09/2023 a las 19:59, desde la dirección IP 83.165.x.x. La página de descarga de documentos ha sido vista 670 veces.
Tamaño del archivo: 709 KB (5 páginas).
Privacidad: archivo público



Vista previa del documento


IMPRESCINDIBLE PARA TODAS AS FAMILIAS (INCLUIDAS BOLSEIRAS) O PAGO
DA MATRÍCULA DAS EXTRAESCOLARES: 25 EUROS POR FAMILIA, para cubrir os
gastos de xestión administrativa e o seguro das actividades. (As familias socias
da ANPA teñen cuberta esta matrícula coa cota anual de 25€
).
ATENCIÓN! HAI NOVIDADES. POR FAVOR, LEDE CON ATENCIÓN A SEGUINTE
FOLLA➡️

COMO INSCRIBIRSE?
1.- Cubrir o formulario de inscrición e depositalo na caixa de correo da ANPA (na entrada
principal do cole). O PRAZO DE INSCRICIÓN PREFERENTE remata o 22 de setembro. As/os
inscritas/os despois desta data optarán ás prazas vacantes.
2.- O 25 de setembro publicarase a listaxe de admitidas/os no taboleiro da ANPA.
3.- Para que a matrícula sexa efectiva deberá realizarse o pagamento da matrícula e o mes de
outubro no seguinte prazo: 25 de setembro - 1 de outubro.
COMO PAGAR?
Se non es bolseira/o, o pagamento das actividades será abonado na primeira semana do mes
en curso, por transferencia bancaria na conta de La Caixa ES68 0133 6197 4642 0000 1353.
Nas transferencias indicarase no concepto "nome/s das participantes + mes” (excepto nas
transferencias periódicas que non é necesario especificar o mes).
Por favor, é importante pagar nos cinco primeiros días do mes.
As adultas nas actividades en familia pagan o mesmo importe que as crianzas.
IMPORTANTE: informar ao monitorado das casuísticas que as familias consideredes
importantes de cada neno/a (alerxias, enfermidades, etc…).
As actividades darán comezo o 2 de outubro!
Podes contactar connosco a través do correo [email protected].

DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
CIRCO (Jano Costas) Circo, palabra máxica transgresora da realidade que nos achega ao sorriso,
á fantasía, á ilusión, ao milagre, ao voo... Espazo e tempo onde o imposible faise visible
afastándonos da monotonía, do tempo regulado, da lóxica, da forza da gravidade, do cotián. A
suxestión e o atractivo do circo residen na subversión física que permite realizar da realidade:
desprazamentos inhabituais sobre as mans (figuras acrobáticas), suxeición a superficies
dinámicas, aéreas (trapecio fixo ou volante), redución da superficie de apoio á mínima
expresión (cable, funambulismo), ampliación da funcionalidade dalgunhas partes do corpo
como os pés, que habitualmente permiten andar e desprazarnos, ao convertelos en
protagonistas de xogos… O alumnado aprenderá as diferentes técnicas de circo pero ademais
esta aprendizaxe ha suporlle unha mellora en diferentes aspectos persoais como a sensibilidade
pola expresión corporal, o traballo da cooperación, o desenvolvemento da creatividade, a
mellora na autosuperación, a constancia nas diferentes tarefas, o coñecemento do propio corpo,
a mellora da autoestima… En definitiva, pretendemos que o mundo do circo favoreza o
crecemento do alumnado como persoas.
ARTE E MANUALIDADES (Juan Pablo Venditti) As crianzas ao longo do curso traballarán
diferentes técnicas e materiais de debuxo e pintura, desenvolvendo a súa creatividade, e a súa
maneira de plasmar as súas ideas. A actividade extraescolar arte caracterízase polo seu valor
creativo e pola liberdade de acción que adquire o individuo na práctica habitual desta
extraescolar, axuda a desenvolver a creatividade, o recoñecemento de formas e patróns,
o desenvolvemento motriz, desenvolver unha visión espacial e a aprender a diferenciar
tons cromáticos, así como a asociar e diferenciar formas.

CAPOEIRA (Ana Varela) O Método Brincadeira de Angola ten o obxectivo de desenvolver
potencialidades físicas, musicais, sociais e culturais, a través de actividades lúdicas, contribuíndo
na formación de crianzas cooperativas, autónomas e conscientes. A metodoloxía é sólida e
continuamente mellorada, aliando coñecementos científicos e saberes populares para formar
unha verdadeira Pedagoxía de Capoeira-Educación. Este ano como novidade, Capoeria en
familia permite compartir esta experiencia lúdica, enérxica e interactiva creando novos vínculos.
BAILE GALEGO (Claudia Fidalgo) Aulas de introdución a música e ao baile tradicional galego, cun
formato lúdico e ameno. Traballando sempre a través do xogo, búscase fomentar o
desenvolvemento corporal e a psicomotricidade, a coordinación, o ritmo e a improvisación.
Todo iso, atravesado por principios de igualdade e de desenvolvemento grupal, provomendo
as habilidades sociais, a empatía, a colaboración, a solidariedade, a resolución de conflictos e o
crecemento social das crianzas. Aprenderase as diferentes partes do baile tradicional e os seus
elementos básicos, sempre acompañado de moita música.
MULTIXOGO (Chafarís: Cristina Neira e Kiko Cociña) Unha actividade lúdica arredor dos xogos
de mesa. Xogando trataremos de resolver estraños casos, resolver retos e desafíos, ou viaxar a
mundos fantásticos. Diferentes xogos de mesa lúdico-educativos, orientados a estimular
destrezas como a atención, lecto-escritura, cálculo, concentración. Aprenderemos tamén a
respetar a ecoloxía, a diversidade, a inclusión ou a igualdade de xénero. A través do xogo non
só nos divertimos tamén potenciamos as relacións sociais extra-tecnolóxicas, propiciamos un
lugar de encontro entre nenos e nenas, respetamos e nos facemos respetar, valoramos e
recoñecemos os logros tanto alleos como propios e fortalecemos as funcións executivas. Esta
actividade permite a inscrición por sesións soltas (5 euros) Co gallo de favorecer a conciliación,
a actividade Multixogo poderá contratarse por días soltos avisando antes das 20.00 horas do
día anterior, no caso de que haxa prazas dispoñibles (no teléfono: 981 069 422). Cada sesión
solta terá un custo de 5 euros.
NATACIÓN (Piscina da USC). Todo o alumnado debe ter un mínimo de 6 anos ou cumprilos no
2023. Ten un prezo cuadrimestral de 60 euros (outubro- xaneiro e despois febreiro-maio). A
Área de Deportes da USC esixe un rexistro online e a realización obrigatoria da tarxeta
universitaria identificativa, así como a presentación do DNI das/os usuarias/os. HAI QUE
LEVALOS/AS E RECOLLELOS/AS NA PISCINA UNIVERSITARIA.
BALONCESTO (ADB Fontiñas) A actividade de baloncesto está orientada a que a rapazada o pase
ben e que aprenda baloncesto. Trátase de fomentar a aprendizaxe a partir de xogos e
actividades non competitivas, baseada na educación en valores. Trátase dun adestramento
semanal dunha hora, con grupos divididos por idade e con persoas tituladas como adestradoras
de baloncesto. Ademais, de xeito optativo, a rapazada que queira poderá tamén xogar partidos
nas fins de semana na liga de Santiago.
CANTO E PANDEIRETA (Jara Ortiz) A través do canto e da pandeireta achegarémonos ao noso
patrimonio cultural, por suposto, pasándoo ben. A profesora será Jara Ortiz, música, cantareira
e docente de ampla traxectoria na música tradicional, en formacións como Habelas Hainas. Este
curso incorporamos a posibilidade de que sexa unha actividade interxeneracional e poder
cantar e tocar todas xuntas.
HÓCKEY PATÍNS (Ainhoa García, Hóckey Club Raxoi) O hóckey patíns é un deporte moi dinámico
e completo onde os nenos e as nenas desenvolven unha grande coordinación e equilibrio.

Procuramos que aprendan a patinar e aos poucos se inicien no noso deporte dun xeito ameno,
fomentando a cooperación e o compañeirismo. Entre os obxectivos que pretendemos, se
atopan a formación en valores, espírito de superación e o respecto, entendendo que a práctica
do deporte xera sinerxias positivas nestes aspectos.
PATINAXE (Club Patín Oroso, Alexandre Antelo) Neste curso procuraremos que as nenas e
nenos fagan unha iniciación á patinaxe artística. Aprender os desprazamentos en patinaxe,
tanto para diante como para atrás, saltos, piruetas, e as figuras básicas de patinaxe artística. A
metodoloxía busca a aprendizaxe mediante o xogo.
HORTA (Hortaclown: Xulio Morales e David Botana). Dous permacultores ilusionados poñen a
atención na saúde das plantas para mellorar a relación coa natureza. Traballar nas hortas da
escola, cultivar alimentos, labranza, cultivo de microorganismos, sementeiras, bombas de
sementes “Nendo Dango”, asociación de cultivos, compostaxe…Transmitido dun xeito ameno
e divertido, aplicando diversas metodoloxías como o clown ou a meditación.
XADREZ (Dan Cruz Álvarez de Ron) Nova actividade da man dun mestre con moita experiencia
na enseñanza deste xogo que fomenta o desenvolvemento das habilidades cognitivas
(atención, concentración, memoria). Iniciación para aqueles rapaces que se acheguen a
actividade por primeira vez. Perfeccionamiento para os que coñezan o xogo. Ofrecerase a
posibilidade de participación do colexio no campionato escolar comarcal no mes de
marzo/abril.
BAILE MODERNO (Luisa Fernanda García Lago) Nova actividade que consiste en clases de danza
moderna” por denominalas dalgunha forma, sen especificar ningún estilo concreto, xa que o
método de traballo céntrase en cada semana traballar material diferente (tanto a nivel físico, a
nivel de desenvolvemento de movemento, parte coreográfica, etc.) seguindo unha liña para
que o alumnado vexa a súa evolución. A actividade consistirá en facer un previo quecemento,
activando todas as zonas do corpo, e preparalo para a información. A continuación
desenvolverase o ensino de diferentes pasos de baile propios do estilo en concreto que se vaia
impartir esa semana e finalmente poñeranse en práctica estes pasos integrándoos cada semana
en diferentes coreografías. Os últimos 10 minutos normalmente dedicaranse ao estiramento
de todas as zonas do noso corpo para evitar posibles lesións. Esta clase vai principalmente
dirixida para o goce e desenvolvemento dos nenos/as e o método e desenvolvemento da clase
poderase adaptar segundo as necesidades e preferencias do grupo.

MATRÍCULA NAS ACTIVIDADES
EXTRAESCOLARES CURSO 2023/2024

Eu Don/Dona____________________________________con DNI/NIE___________________,
solicito a inscrición das seguintes persoas da familia nas seguintes actividades extraescolares:
Nome e apelidos do / a participante

Curso

Actividades

As adultas que participen nas actividades en familia tamén deben inscribirse nesta ficha.

Teléfonos de contacto para a/o monitora/o:
Teléfono1________________ nome ______________________________________________
Teléfono 2 ________________ nome ____________________________________________
email________________________________________________________________________
Persoas autorizadas a recoller aos nenos/as:

Solicitei bolsa de extraescolares ao Concello de Santiago de Compostela (Si □ / Non □)
Para participar nas extraescolares aboarei a cota familiar de socia da ANPA ou a matrícula (25€), e
mais o importe correspondente o mes de outubro.
No caso de que a persoa asistente a esta extraescolar decidise deixar de acudir, terá que avisar por
escrito ([email protected]) cun mínimo de 7 días antes de rematar o mes xa
aboado.

En Santiago de Compostela, a ______________________________de 2023.

Asinado:

ENTREGAR ESTA FOLLA CUBERTA NA
CAIXA DE CORREO DA ANPA


Extraescolares 23_24.pdf - página 1/5



Extraescolares 23_24.pdf - página 2/5



Extraescolares 23_24.pdf - página 3/5

Extraescolares 23_24.pdf - página 4/5
Extraescolares 23_24.pdf - página 5/5


Descargar el documento (PDF)

Extraescolares 23_24.pdf (PDF, 709 KB)





Documentos relacionados


Documento PDF 01mecoset06
Documento PDF diptico campamentos 2015
Documento PDF memoria 2014 galego
Documento PDF actividades extraescolares 2016 2017
Documento PDF papagaio7  abril 2020 dixital
Documento PDF comercio 320

Palabras claves relacionadas